Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
O Barça recurtando distancias ós postos de cabeza... O Valencia e o Madrid que case quedan sen extremidades no campo... E o Xetafe de Bernd Schuster unha vez máis, é o líder nesta tempada por terceira vez... Os galegos podemos sentirnos orgullosos, dun Celta que está a bater récords neste arranque ligueiro... Mentres se lle acusa ós árbitros de persecución e de favoritismos en contra do Real Madrid, o certo é que os merengues non realizan o xogo do que deberían facer gala... Continúan nos postos altos, pero esta derrota na casa afúndeos moralmente de xeito inimaxinable... O Valencia deste xeito, empata a puntos cos brancos, deixando atrás o seu preocupante comezo de liga... O Athletic non levanta cabeza, e Mendilibar que tampouco a levante xa que está a piques de ser destituido polo xunta directiva do clube... Unha derrota contra o Cádiz, pon os leóns contra as cordas... O Deportivo, tralo seu épico empate fronte o Barcelona, perde en San Sebastián por dous goles a cero, severo castigo para os de Caparrós Autor: jr Fecha: 28/10/2005 12:44. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras